A secuela de Piranha 3D

0
169

A Dimension Films está a apurar os prazos para escomezar a facer Piranha 3DD, unha secuela de Piranha 3D, o abraiante éxito nos despachos de billetes deste pasado verán.

Os guionistas de Saw 3D Patrick Melton e Marcus Dunstan escribirán o proxecto, mentres que John Gulager semella quen ten todas as papeletas para se facer co posto de director. Os tres xa traballaran xuntos no filme de 2006 Feast.

Ainda que non hai ren confirmado, o argumento podería estar ambientado en Tailándia durante unha festa xigantesca que atrae a un cuarto de millón de participantes cada ano.

Agárda-se que os guionistas entreguen o seu libreto para o mes que ven, incluíndo nel a algún dos protagonistas do primeiro filme que sobreviviron ás pirañas. O obxectivo é poder chegar ás pantallas de cinema en agosto do ano que ven.