Affleck ameaza cun "Replay"

1035

Cando rematou a súa discutíbel interpretación en Daredevil (2003), Ben Affleck prometera non volver facer cinema fantástico, e nós estabamos agradecidos polas súas boas intencións. Pero as cousas boas rematan ao cabo e Affleck quere agora facer unha adaptación ao cinema da novela fantástica de Ken Grimwood Replay, coa intención de dirixi-la el mesmo nos estudos da Warner Bros. Pictures.

A história vai sobre un home duns 45 anos que sofre un ataque ao corazón mentres tenta evitar o asasinato dun corredor de footing no Central Park de New York. O home esperta e atópa-se dentro do corpo do corredor, nun bucle que lle fai repetir a súa vida dende que tiña 18 anos en Brooklyn até morrer outra ven no parque aos 45. Así que tentará buscar ao home para xuntos rachar o ciclo que lles fai vivir e morrer unha e outra vez.

Affleck quere facer o proxecto pero ainda non hai un ofrecemento oficial. A novela, que gañou o World Fantasy Award en 1988, leva dende aquela nas mans dos produtores que queren facer a versión no cinema. Xa no pasado soaran outros nomes para sacar adiante o proxecto, coma os de Brad Pitt e Julia Roberts, ou os de guionistas coma Peter Hyams e Richard LaGravenese.

Jason Smilovic escribiu o guión mais recente, que resucitou o interese dos produtores no proxecto.