Raimi e os Trífidos

0
196

Sam Raimi producirá e podería mesmo dirixir unha nova adaptación ao cinema da clásica novela de ciéncia-ficción de 1951 The Day of the Triffids escrita por John Wyndham, e para a que a Mandate Pictures ven de se facer cos dereitos.

Os trífidos son unha espécie de plantas intelixentes e agresivas que posúen un aguillón-látego velenoso. A humanidade cultiva a planta para se facer cos seus aceites, pero cando unha choiva de meteoros cae sobre a Terra destruindo case toda a civilización, os poucos que poden sobrevivir deberán enfrontar-se ao horror das plantas trífidas, agora ceibes e con ganas de se vingar.

A história foi convertida en película xa en 1963 e en série de televisión en 1981 e tamén no ano pasado en Inglaterra. Seica Raimi é un grande fan do filme orixinal e quere facer algo que sexa mais próximo á ideia da novela de Wyndham. Ainda que en anteriores informes falába-se da posibilidade de facer o filme en 3D, esta opción non está clara polo momento.

Raimi, Robert G. Tapert, Don Murphy, Susan Montford e Mark Gordon serán os produtores.