Shyamalan e Jaden en A.E.

0
226

M. Night Shyamalan (The Happening, The Last Airbender) será o encargado de dirixir o filme de ciéncia-ficción One Thousand A. E. para a Overbrook Entertainment, cuxo argumento ainda segue sendo alto segredo.

Gary Whitta escribiu o guión, cuxos detalles non se coñecen. O que si se sabe é que Jaden Smith (The Karate Kid), podería ser o seu protagonista, se ben está-se á procura dun actor adulto que o acompañe na pantalla.

Este actor adulto non será en todo caso Will Smith, o pai de Jaden, ainda que o mesmo Smith participará na produción xunto a James Lassiter, Ken Stovitz e Jada Pinkett Smith. A Sony ten un acordo coa Overbrook para ser a distribuidora.

O proxecto non debe confundir-se co outro de Shyamalan, tamén secreto, e que contará con Bruce Willis e Gwyneth Paltrow como protagonistas. De todos os xeitos, este segundo proxecto está polo de agora detido.