"Twilight Zone" ao cinema

0
133

Jason Rothenberg (Body Politic) ven de ser contratado para escribir o guión do rexurdimento da clásica série de televisión de Rod Serling The Twilight Zone para a Warner Bros. Pictures.

A série orixinal era unha antoloxía que se eimitiu dende 1959 a 1964 e presentaba numerosos episódios autoconclusivos con elementos de ciéncia-ficción, terror, suspense e fantasía. Algúns episódios era adaptacións de novelas e contos clásicos, mentres que outros foron escritos por guionistas que tamén foron ou seguen a ser grandes clásicos do xénero fantástico, coma Richard Matheson, Ray Bradbury ou Harlan Ellison.

A franquía tivo un grande éxito e foi revivida dúas veces, unha coma série sindicada nos anos 80 e outra moito mais breve, coma minisérie na canle UPN en 2002. Entre as súas moitas secuelas cómpre salientar revistas, cómics, e unha série de rádio que se emitiu durante cinco décadas.

A produtora de Leonardo DiCaprio, a Appian Way, seráa encargada de poñer os cartos para esta longametraxe, da que se especula que podería ser semellante á súa anteriro adaptación ao cinema de 1983 que combinaba segmentos de 20 ou 25 minutos cadanseu, cada un deles dirixido por diferentes cineastas de prestíxio (Steven Spielberg, John Landis, George Miller e Joe Dante) e todos eles foron remakes ou variacións de episódios emitidos no seu momento na série de televisión.

Agárda-se que o proxecto chegue ás salas de cinema en 2012. Rothenberg está tamén a escribir o guión para o remake de Colossus: The Forbin Project, que dirixirá Ron Howard e podería protagonizar Will Smith.