Sweep terá adaptación no cinema

551

Robert Nelson Jacobs (Chocolat, The Water Horse) será o guionista da adaptación ao cinema de Sweep, a série de novelas de Cate Tiernan (alcume de Gabrielle Charbonnet), na Universal Pictures. A história vai sobre Morgan Rowlands, unha rapaza de dezaséis anos que descubre que é a herdeira dunha família de bruxas e deberá decidir se usar os seus poderes para o ben ou para o mal. Vince Vaughn, Sandra J. Smith e Bob Levy producirán.