Pluto, á pantalla grande

877

A Universal Pictures e mais a Illumination Entertainment formarán equipa para realizar conxuntamente unha longametraxe que combinará acción real e gráficos xerados por computador e que adaptará á pantalla grande o popular manga Pluto.

O cómic orixinal de Naoki Urasawa é esencialmente un relanzamento ou reimaxinación do non menos popular Astro Boy de Osamu Tezuka. Pluto actualizou o manga orixinal engadindo escenários cheos de robots xigantes e humanoides cibernéticos xunto cun mistério de asasinatos sobre un robot detective pertencente á Europol que debe resolver o caso dunha série de mortes de robots e de humáns.

De Pluto xa se venderon mais de 8 millóns de cópias en todo o mundo. A Universal e mais a Illumination xa estiveron xuntas após do éxito do pasado verán Despicable Me (ainda por estrear en Galiza).