Nova secuela para BSG

1043

A canle de televisión Syfy explorará mais da vida de William Adama na súa nova série secuela Battlestar Galactica: Blood & Chrome, que escomezará cun episódio piloto para determinar se paga a pena continuar. Hai uns meses xurdira a nova de que Syfy quería desenvolver unha websérie enfocada no persoaxe de Adama, durante os acontecementos da primeira guerra cylon, pero agora Maureen Ryan de AOL TV revelou que a canle decdiu facer o proxecto directamente en televisión.

Michael Taylor, un veterán tanto de Battlestar Galactica coma da súa série secuela Caprica, escribiu o guión do piloto Blood & Chrome, que seica está ambientado no décimo ano da guerra Cylon, cando Adama, recén graduado na Académia, e mais un piloto novato deben levar a cabo unha importante misión que pode determinar o sentido da guerra.

De todos os xeitos, Blood & Chrome non será emitido até alomenos outubro de 2011, se ben todo o mundo dá por feito que a estrea será en 2012, especialmente porque poucos dubidan que o episódio piloto non se converta nunha série definitiva.

Os produtores tamén anúncian que poderemos ver o interior da nave Galactica, porque ainda que os decorados foron destruídos após de rematar a série orixinal, foron escaneados dixitalmente e as imaxes poderán usar-se para proxectos coma este.

Mark Stern, da ScyFy, describe Blood & Chrome coma “principalmente unha série de guerra, acción e aventura. Trata definitivamente sobre a xente que está a loitar as batallas… Tal e coma agardarías que fixera Battlestar, comenta ese proceso un pouco mais… pero non dun xeito sermoneador, non tentando orientar ao espectador, non baténdo-te na cabeza. Realmente, o tecido e o lenzo da série son xente en guerra e como lídian con ela no respecto de cadaún deles e no respecto dos inimigos cos que están a loitar“.

Ainda que os veteráns de BSG Taylor, David Eick, Bradley Thompson e David Weddle están todos vencellados ao novo proxecto, o seu principal creador Ron Moore non ten un papel asignado. A situación é un pouco difícil, porque Moore ten un contrato coa Sony, mentres que os dereitos da franquía pertencen á Universal, pero Stern dixo que quere que Moore estea dalgún xeito vencellado a Blood & Chrome.

Ainda que Edward James Olmos fixo o papel do Adama maior en Battlestar e Sina Najafi interpretou ao neno “Willie” Adama en Caprica, foi Nico Cortez quen deu vida ao Adama da idade que nos interesa no telefilme Battlestar Galactica: Razor. Iso, nombergantes, non lle garante que se fará co papel na nova série, xa que Stern dixo que asume que haberá un casting novo para o episódio piloto, se ben Nico estará no alto da lista de candidatos.

E respecto ao destino de Caprica, a série actualmente en antena e que ainda está pro renovar para unha segunda tempada, Stern reiterou que a decisión non se tomará até o 15 de novembro.