Adía-se a Casa dos Soños

0
163

O thriller sobrenatural de Jim Sheridan Dream House ven de ser retirado temporalmente da axenda de estreas pola Universal Pictures.

A história ía sobre un home (Daniel Craig) que se muda coa família a unha pintoresca casa nova nunha pequena vila, onde descubre que o lugar está enmeigado polos anteriores habitantes que foron asasinados alí. Rachel Weisz, Naomi Watts e Marton Csokas eran os outros membros do reparto.

Rodado en febreiro e marzo deste ano, o proxecto pasou por unha proba de pantalla en xullo, pero axiña os produtores determinaron que era preciso rodar algunhas escenas novamente. Nombergantes, daquela Daniel Craig xa estaba comprometido noutro proxecto, baixo as ordes de Jon Favreau en Cowboys and Aliens, mentres que actualmente está a rodar con David Fincher a longametraxe The Girl with the Dragon Tattoo.

Craig terá un descanso de dúas semanas en decembro, que é cando Sheridan terá a oportunidade de contar con el novamente e así rodar as escenas adicionais en Toronto.

O que está claro é que o atraso fará que este filme non chegue a tempo para a súa estrea, prevista nun princípio para o 18 de febreiro. A nova data deberá determinar-se nos vindeiros días.