Ademais de protagonizar axiña unha nova telesérie na NBC, a actriz Kristin Davis (Charlotte en Sex and the City) ven de se facer cun papel protagonista na vindeira secuela Journey 2: The Mysterious Island.
No filme de 2008 Journey to the Center of the Earth 3D, mais ou menos baseado no clásico de Jules Verne Viaxe ao Centro da Terra, Brendan Fraser interpretou a un científico que descubre un mundo subterráneo nunca antes visto, e que visitará xunto ao seu sobriño Sean (Josh Hutcherson) e mais unha guía (Anita Briem).
Hutcherson repetirá o seu papel coma Sean, esta vez acompañado do mozo de súa nai (Dwayne Johnson) para atoparen ao seu abó perdido (Michael Caine) nunha illa mítica e chea de monstros.
Davis fará o papel da nai de Sam. Brad Peyton dirixe este filme, que conta coa produción de Beau Flynn, Charlotte Huggins e Tripp Vinson. A rodaxe comezou hai uns días en Hawaii.