A Marvel non aproba Runaways

0
165

Ainda que non cancelaron o proxecto tal e coma se rumoreaba, a Marvel Studios ven de adiar os seus plans para escomezar unha nova franquía no cinema baseada nos seus superheroes xuvenís de Runaways.

A Marvel non estaba moi de acordo co escomezo deste proxecto despois de que o filme Kick-Ass non tivese o éxito agardado nos despachos de billetes, se ben o motivo oficial para ralentizar a produción é que os estudos teñen xa moitos outros proxectos na carteira e este filme non entra nos seus plans xusto agora.

A história vai sobre un grupo de adolescentes que descubren que os seus pais son superfalcatruáns e deciden aliar-se para loitar xuntos, usando os seus poderes para o ben.

Peter Sollett (Nick and Norah’s Infinite Playlist) ainda está vencellado á dirección, pero agora deberá procurar outros proxectos antes de se adicar a este. Brian K. Vaughan (Perdidos) foi o autor do guión.