Black na rebelión dos robots

0
169

O cómico Jack Black e mais o director de Hot Tub Time Machine, Steve Pink, veñen de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela de Daniel H. Wilson How to Survive a Robot Uprising.

Pink está a escribir un novo boceto de guión, pero non é seguro que sexa el quen o dirixa ou que Black o protagonice. How to Survive a Robot Uprising descríbe-se coma unha ollada en tónde comédia ao que acontecería se os robots escomezaran unha rebelión contra a humanidade.

Mike Myers era quen até agora posuía os dereitos para desenvolver este filme e semellaba estas por protagoniza-lo en 2006 a partir dun guión dos creadores de Reno 911!, Thomas Lennon e Robert Ben Garant.