Spielberg fará Robopocalypse

0
170

A DreamWorks ven de facer público un comunicado de prensa no que confirman que Steven Spielberg será o director dunha longametraxe de ciéncia-ficción e acción titulada Robopocalypse e que este será o seu seguinte proxecto.

O director, que está a rematar Warhorse, un filme ambientado na Segunda Guerra Mundial, escomezará a rodar Robopocalypse en xaneiro de 2012 coa ideia de poder estrear no verán de 2013.

Baseado nun manuscrito ainda non publicado orixinal de Daniel H. Wilson, este conto con moralexa explora o destino da raza humana após dunha rebelión dos robots. Wilson, que posúe un Doutorado en Robótica, escribiu o seu conto cun altísimo grao de autenticidade, derivada do seu coñecemento da tecnoloxía real dos robots.

O guionista de Cloverfield Drew Goddard é o autor do libreto mais recente. A Dreamworks fíxo-se cos dereitos o ano pasado e Spielberg resultou vencellado ao proxecto hai só un mes.