Viaxe Alucinante de Leterrier?

750

Laeta Kalogridis, unha das guionistas que colaboraron no argumento de Avatar, volverá a se reunir con James Cameron no próximo remake do clásico filme de ciéncia-ficción de 1966 Fantastic Voyage (Viaxe Alucinante).

A viaxe que dá título ao filme é a protagonizada por un grupo de científicos que son miniaturizados até se converter no tamaño dun átomo e enviados nun submariño ao interior do corpo doutro famoso científico, para lle salvar a vida.

Kalogridis (Shutter Island) deberá reescribir o guión previamente entregado por Shane Salerno, Cormac Wibberley e Marianne Wibberley.

Cameron, que produce este proxecto xunto a Jon Landau, quere que o director de Clash of the Titans Louis Leterrier sexa o encargado de levar adiante o filme, que ten previsto o escomezo da súa rodaxe para princípios do ano que ven.

A Fox ainda non aprobou un orzamento para esta longametraxe. Leterrier é o candidato final para a dirección após de que os nomes de Darren Aronofsky e Timur Bekmambetov xurdisen e fosen descartados por teren as súas axendas comprometidas noutros proxectos.