Case vinte anos despóis de dar vida ao Joker no Batman de Tim Burton, o veterano e multioscarizado actor Jack Nicholson ven de amosar a sua disconformidade ante a elección do novo intérprete do falcatruán. O encargado de asumir esta responsabilidade na vindeira película do home morcego é Heath Ledger, ún dos protagonistas do filme Brokeback Mountain. A Nicholson amolou-lle que en The Dark Knight, a secuela da aclamada Batman Begins, nin sequer se plantexaran contar con el para o papel, ou alomenos preguntar-lle sobre un personaxe que coñece tan ben.
“Estou alporizado. Eles nunca me preguntaron sobre unha secuela co Joker. Sei como hai que face-lo! E ninguén me preguntou ren“, dixo Nicholson en declaracións á MTV, nas que afirmou que pode que non acudir a el após de dous décadas “non sexa un erro, pode que sexa o correcto” pero recoñeceu asemade que é incapaz de evitar estar moi amolado porque o personaxe do Joker é ún aos que ten máis cariño.
“Forma parte da miña nenez e é un papel que coido que eu sempre debería interpretar“, afirmou o actor, que non dubida en recoñecer que non ten pensado mirar unha película que, asegura, non conseguirá “captar o espírito” que tiñan os dous filmes de Batman que rodou “o xénio” Tim Burton, a “razón” pola que el se meteu na pel do Joker.