Aaron Johnson e as fabas

0
185

O vindeiro proxecto do director Bryan Singer (X-Men), Jack the Giant Killer, ven de recibir a luz verde para a súa posta en marcha na New Line Cinema.

Ainda que non hai ningunha oferta en firme, o protagonista de Kick Ass Aaron Johnson semella ter todas as papeletas para se facer co papel principal, se ben os estudos din que están á procura doutros actores xóvenes da mesma fasquía.

Singer dirixirá a partir dun guión escrito orixinalmente por Darren Lemke e Mark Bomback que Christopher McQuarrie re-escribiu recentemente.

Descrito coma una aproximación mais adulta á fábula de Jack e o feixón máxico, narra unha história na que é secuestrada unha princesa, polo que a longa paz entre os humáns e os xigantes resulta ameazada e un xoven granxeiro terá a oportunidade de liderar unha perigosa expedición ao reino dos xigantes para rescata-la.

Neal Moritz e David Dobkin son os produtores. A rodaxe arrincará xa na primavera do ano que ven.