Desafío Total para Farrell

804

Colin Farrell é nestes intres o máximo favorito para se facer co papel protagonista no remake do clásico de acción e ciéncia-ficción de 1990 Total Recall (Desafío Total) na Sony Pictures.

Baseado nun conto orixinal do escritor de ciéncia-ficción Philip K Dick titulado We Can Remember It for You Wholesale, a nova versión será reconcebida coma unha visión contemporánea da história.

Farrell pon-se por diante de actores coma Michael Fassbender e Tom Hardy, que até agora eran considerados os ideais para o posto. De todas maneiras, ainda non hai ofertas oficiais a día de hoxe.

Len Wiseman (Underworld, Live Free or Die Hard) dirixirá a partir dun guión de Kurt Wimmer. Neal H Moritz será o produtor e a rodaxe escomezará en marzo.