Papeliño para a moza de Rodriguez

0
158

Red SonjaO director de Grindhouse, Robert Rodriguez, producirá un novo filme que adaptará as aventuras de Red Sonja, interpretada pola súa moza na vida real, Rose McGowan.

McGowan interpretará asemade á guerreira de pelo vermello nacida nas páxinas dos cómics e disposta a chegar ás pantallas do cinema en 2010.

O filme será unha história orixinal, dirixida polo parceiro de sempre de Rodriguez, Douglas Aarniokoski, e conterá partes da súa vida tomadas dos cómics, así coma das novelas do seu creador orixinal, o novelista Robert E. Howard, pai asemade do persoaxe de Conan o Bárbaro.