O xoven (17 anos) actor debutante Suraj Sharma ven de se facer co papel protagonista na adaptación ao cinema da novela de Yann Martel gañadora do prémio Booker Life of Pi na Fox 2000. A história iniciática vai sobre un supervivinte solitário dun mercante afundido que remata compartindo a súa balsa cunha hiena, unha cebra ferida e un famento tigre de Bengala. Ang Lee será o director a partir dun guión de David Magee.