Bullock dentro, Downey fóra?

0
189

As cousas non semellan sair ben co casting do thriller de ciéncia-ficción Gravity dende o comezo. Após de non poucos problemas para atopar unha protagonista feminina, e cando a Warner Bros. Pictures semellaba xa ter pechado o acordo con Sandra Bullock nesta longametraxe que dirixirá Alfonso Cuarón, agora é o actor protagonista, Robert Downey Jr., quen podería ter que deixar o proxecto por mor de problemas coa axenda.

Bullock e Downey ían interpretar a senllos astronautas nunha estación espacial en órbita que están a facer reparacións no exterior cando un asteroide destrúe a nave.

Ela comeza a desesperar para atopar a maneira de volver á Terra coa súa filla nun filme que pasará a maior parte do tempo amosándo-a a ela na pantalla en solitário.

Se Downey abandoara, sería un duro golpe ao filme, pero non necesáriamente fatal, porque o seu personaxe ainda que é o protagonista non é o principal no filme e require a un actor que teña dispoñíbeis tres semanas de rodaxe.

Os estudos polo de agora din que Downey non deixará o proxecto e que esperan que os seus problemas de axenda se resolvan o antes posíbel, mentres que a mesma Bullock está a presionar a Downey para que fique a bordo.