O armacén da ACME

0
167

A parella de guionistas formada polos irmáns Kevin e Dan Hageman (Hotel Transylvania) veñen de vender un libreto orixinal baseado nos persoaxes de Looney Tunes á Warner Bros. Pictures.

Os Hageman afirman que se lles ocurriu a ideia dun filme centrado no almacén da empresa ACME, os fabricantes de absolutamente todas as cousas que aparecen nos debuxos animados da Looney Tunes.

O plan é facer un filme que misture acción real e gráficos xerados por computador usando os moitos descabellados cacharros que fabrica a compañía. O tón do filme sería semellante ao de Men in Black ou ao dos moitos filmes da Amblin dos anos 80.

Os produtores Dan Lin e Roy Lee axudarán a desenvolver o proxecto, que non incluirá a ningún dos persoaxes da Looney Tunes.