O Home Máquina

0
144

O director Darren Aronofsky ven de chegar a un acordo polo que se ocupará de adaptar ao cinema a obra non rematada de Max Barry Machine Man para a Mandalay Pictures.

A história, que é unha espécie de Six Million Dollar Man feito por si mesmo, vai sobre un enxeñeiro obsesiado coa súa própria imaxe que reempraza certas partes do seu corpo con sustituso feitos en titánio de alta tecnoloxía. Pero axiña várias axéncias comezan a persegui-lo coa ideia de utiliza-lo para os seus fins.

Aronofsky está asemade a desenvolver o guión xunto ao libretista de Black Swan Mark Heyman e continuará con este traballo até que non arrinque o seu seguinte proxecto en X-Men Origins: Wolverine 2. E unha vez que complete o filme de Lobeto, regresará de novo de seguido a Machine Man.