Vários estudos cinematográficos secundários están a manter unha guerra de apostas por ver quen se fai coa produción dun filme de terror en 3D baseado no lendário vídeo musical de Michael Jackson Thriller, todo cun orzamento duns 50 millóns de dólares.
A GK Films, a Fox 2000, a Lionsgate e mais a Summit Entertainment están a competir por se levar o proxecto que nestes intres está nas mans da Real Effects Entertainment. Polo de agora seica é a GK Films a que semella ter aventaxe.
Os detalles da história ainda non foron revelados, pero seica terán algo que ver coa história narrada na mesma canzón e estará dalgún xeito vencellada á vila natal do clásico actor de filmes de terror Vincent Price, cuxa característica voz narra parte da canzón Thriller.
Kenny Ortega (This Is It) dirixirá o filme, que conta cun guión de Jeremy Garelick (The Break-Up).