Os gregos van ao cinema

0
180

Clash of the TitansEstá-se a preparar unha auténtica vaga de filmes baseados na mitoloxía grega clásica: Relativity Media está a desenvolver War of Gods, mentres que a Warner Brothers está a facer un remake de Clash of the Titans.

Charley e Vlas Parlapanides escribiron o guión de War of Gods (A Guerra dos deuses), que será dirixida por Tarsem Singh (The Fall).

O director de O Incríbel Hulk, Louis Leterrier, pola súa banda, será quen poña en imaxes o guión de Lawrence Kasdan de Clash of the Titans (Loita de Titáns).

A Warner deu a luz verde a Loita de Titáns xusto despóis de que Leterrier aterrara no proxecto. A Relativity, que finanza War of Gods, puxo en marcha o proxecto e quere acelera-lo para finais de ano.

Ambas as duas películas agardan contar con técnicas de pantalla verde, as mesmas que lle deron ese toque especial ao filme 300 cun custe relativamente baixo.

War of Gods está ambientada nunha Grécia dividida polas guerras, cando o xove príncipe Teseo lidera aos seus homes nunha batalla contra o mal que contará cos deuses loitando man a man cos soldados contra os demos e os titáns.

Clash of the Titans céntra-se en Perseo, o fillo de Zeus, que deberá vencer moitos obstáculos para salvar á súa amada princesa Andrómeda, incluindo curtar a cabeza de pelos de serpe de Medusa, que pdoe converter en pedra a un home cunha soa ollada.

O filme orixinal de 1981 Clash of the Titans foi protagonizado por Harry Hamlin no papel de Perseo e por Laurence Olivier no de Zeus pero sobre todo é relembrado polos daquela incríbeis efectos especiais obra de Ray Harryhausen, que creou asemade á Medusa, ao Kraken e a outras creaturas.