Os futbolistas zombis

0
157

O produtor Mark Canton (300) ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a recente novela de zombis Play Dead, orixinal do actor de culebróns reconvertido a escritor Ryan Brown.

A comédia de terror vai sobre un grupo de xogadores de fútbol que se afogan após de que o seu autobús sexa empurrado ao río por unha equipa rival. Unha meiga fan do clube de fútbol local resucita aos xogadores para asegurar-se de que chegarán a tempo para o partido, cousa que acontecerá se poden evitar ir comendo os cerebros dos outros cidadáns da pequena vila de Texas na que viven, obsesionados cos triunfos da súa equipa.

O novelista e guionista Joe Schreiber será o encargado de adaptar a novela para que a rodaxe poida escomezar ao longo do terceiro trimestre de 2011.