Carpenter dirixirá Darkchylde

0
216

John Carpenter (Halloween, The Thing) será o director da adaptación ao cinema do cómic Darkchylde.

A história vai sobre Ariel Chylde, unha adolescente normal do sul dos Estados Unidos enmeigada a se transformar nas creaturas que soña nos seus pesadelos e actuar conforme aos seus mais profundos e escuros impulsos e entón debe salvar á súa pequena vila das forzas da escuridade que ela mesma ceibou.

Darkchylde é o persoaxe protagonista deste cómic, creado en 1996 por Randy Queen. Foi publicado orixinalmente pola editorial Maximum Press e posteriormente pola Image Comics a través do seu selo Homage Comics, e xerou asemade moito merchandising, que incluiu cromos, xoguetes, patíns, caixas, alfaias e moitos outros obxectos semellantes.

A WETA workshop fornecerá os efectos especiais. O cómic foi no seu día (finais dos anos 90) toda unha sensación, e chegou ser un éxito de vendas que superou a moitos títulos consolidados, coma Spiderman, Hulk, Superman e Batman, e acadou un inusualmente alto número de seguidoras femininas, en contraste co habitual mercado do cómic, dirixido aos homes.