A casa dos demonólogos

0
143

Dennis Iliadis (The Last House on the Left) está a negociar a súa incorporación coma director á longametraxe de terror The Demonologists. O conto vai sobre unha família de cazadores de pantasmas que están a pensar adicar-se a outra cousa, cando se decatan de que a casa na que viven está dominada polos demos. Teddy Tenenbaum (Ghost Whisperer) escribiu o guión e Joel Silver producirá.