James Bond desbloquéa-se

0
166

A produción do vindeiro filme da saga de James Bond seica poderá retomar-se após de que os estudos que posúen os dereitos sobre a franquía, a Metro Goldwyn Meyer, semellen ter resoltos os seus recentes problemas financeiros. Dende había meses a continuación do filme de 2008 Quantum Of Solace estaba paralisada por mor das débedas dos estudos.

Nombergantes, o acordo de reestruturación da débeda coa Spyglass Entertainment salvou á Metro e tamén ás moitas películas que estaban por ficar no estado de proxectos pendentes para sempre.

A MGM moverá-se rapidamente para implementar ese plan, que reducirá dramáticamente a súa carga de débedas e porá á compañía nunha posición forte para executar a súa estratéxia de negócio“, segundo explicaron fontes dos estudos nun comunicado feito público hoxe mesmo.

Mália o anterior, algunhas voces advirten que o vindeiro filme de Bond deberá rebaixar considerábelmente o seu orzamento. Bond é unha aposta segura polos cartos, pero xa ficou demostrado noutras ocasións que se pdoe facer unha boa película de 007 sen acudir tanto a explosións e efectos visuais.

Sam Mendes era o director que estaba vencellado a este proxecto antes da súa suspensión e agárda-se que ainda estea dispoñíbel para continua-lo.