Baixo a pel de Johansson

0
167

A actriz Scarlett Johansson meterá-se na pel dunha álien sen vergoña no filme de ciéncia-ficción Under the Skin que producirá a FilmNation.

Baseado nunha novela do holandés Michael Faber, Johansson interpretará a unha álien disfrazada de muller estéticamente perfecta que percorre autoestradas afastadas e remotas usando a súa voraz sexualidade para cazar présas humáns.

A protagonista é Isserley, unha extraterrestre enviada á Terra por unha rica empresa do seu planeta e é encargada de recoller autoestopistas, aos que droga e envía ao seu planeta natal. Alí son despedazados e devorados polos áliens, que os consideran unha exquisitez gastronómica chamada “vodsel”.

A novela é satírica dun xeito sinistro, toca temas políticos e ecolóxicos, coma as grandes empresas, a agricultura intensiva e mais a decadéncia do medio ambiente, e reflicte cuestións sobre identidade sexual, a humanidade, o esnobismo e a piedade.

Jonathan Glazer (Sexy Beast) leva tempo xa a bordo deste proxecto, do que tamén é guionista xunto a Walter Campbell. Nick Wechsler e James Wilson serán os produtores. A rodaxe escomezará en primavera.