Silent Hill en 3D

0
170

O director de Solomon Kane, Michael J. Bassett, é o encargado de escribir o guión e de dirixir Silent Hill: Revelation 3D, a vindeira secuela da adaptación que en 2006 se fixera da popular série de videoxogos.

A história estará esta vez centrada na adolescente Heather Mason e no seu pai, quen están ainda a fuxir de perigosas forzas que non poden comprender. E agora, cando ela está por cumprir os 18, o seu pai desaparece e ela é acosada por espantosos pesadelos que a axudan a comprender que non é quen ela pensa que é.

A revelación conducirá-a a un mundo demoníaco que ameaza con atrapa-la en Silent Hill para sempre.

Ainda que onte falába-se de que o guionista Roger Avary era o autor do libreto, semella que finalmente xa non está vencellado ao proxecto.