O Protocolo Pantasma

0
172

A cuarta entrega da saga de Mission: Impossible xa ten por fin un título oficial: Mission Impossible: Ghost Protocol. O título foi revelado no decurso dunha rolda de prensa en Dubai, onde se está a realizar parte da rodaxe desta secuela.

Na devandita xuntanza coa prensa, Tom Cruise dixo que “unha das cousas que sempre quixen para a franquía era que as películas non levasen un número. Nunca fixen secuelas de filmes e nunca pensei nestes filmes coma secuelas“.

As escenas que se rodan este días no país árabe serán no edifício mais alto do mundo, a torre Burj Khalifa, de 828 metros de alto. Após de rematar en Dubai, a rodaxe continuará en Moscova, Praga e finalmente en Vancouver.

Tom Cruise, Ving Rhames, Jeremy Renner, Josh Holloway, Paula Patton, Simon Pegg, Vladimir Mashkov e Michael Nyqvist son os protagonistas deste filme, que dirixe Brad Bird e que ten prevista a súa estrea para decembro do ano que ven.