Ananos para o Hobbit

0
163

O veterán actor irlandés James Nesbitt e mais o debutante Adam Brown veñen de unir oficialmente os seus nomes ao reparto do filme de Peter Jackson The Hobbit no papel dos ananos Bofur e Ori respectivamente.

Nesbitt levaba vencellado ao proxecto dende había unhas semanas, pero até o martes non se puido confirmar en que papel concreto ía encaixar. O seu persoaxe será o de Bofur, un “anano arrebatadoramente sincero, divertido e ocasionalmente valente”.

O nome de Nesbitt non é descoñecido para os fans ingleses, que levan dende 1991 ollándo-o na televisión e en diversas longametraxes. Entre outros, cómpre salientar as súas interpretacións en séries populares en Inglaterra coma Ballykissangel, Murphy’s Law, Cold Feet e mais a minisérie de Steven Moffat Jekyll. No cinema nunca fixera até agora ren calificábel de fantástico, pero entre os filmes nos que participou están o de Michael Winterbottom Welcome to Sarajevo, o de Danny Boyle Millions, o de Woody Allen Match Point e mais na película de Paul Greengrass Bloody Sunday.

Pola súa banda, Brown fará o papel de Ori, outro dos membros da compañía dos ananos que parte na procura das Montañas Azuis onde se agocha o infame dragón Smaug.

A parella fica asemade incluida nun reparto onde xa figuran Richard Armitage, Aidan Turner, Rob Kazinsky, Graham McTavish, John Callen, Stephen Hunter, Mark Hadlow e Peter Hambleton.