A Mosca, ópera en París

0
198

Plácido DomingoO Teatro parisino do Châtelet pecha a sua tempada lírica cunha verdadeira traca final: a estrea mundial, este mércores, de The Fly (A Mosca), primeira ópera de Howard Shore, dirixida por Plácido Domingo ao fronte da Orquestra Filharmónica de Radio France e polo cineasta canadiano David Cronenberg, tres artistas de poderío internacional que decidiron trasladar á lírica unha das películas de ciéncia-ficción de culto do século XX, cunha montaxe encabezada polo seu mesmo realizador, Cronenberg, e polo seu compatriota Shore, compositor da música de case todas as suas películas, incluida A Mosca (1986).

Ainda que The Fly é un dos éxitos máis comerciais na carreira de Cronenberg, a sua tradución lírica non é precisamente tarefa doada, por se tratar dunha creación contemporánea. Xusto o reto que quería afrontar o compositor de O silenzo dos años (1991), de After Hours (1985) ou Infiltrados (2006), dúas veces oscarizado pola triloxía O Señor dos Aneis (2001-2003).

O libreto retoma o argumento da fita de ciéncia-ficción e terror que levou o Prémio do xurado no Festival de Avoriaz en 1987 e resucita os temores e experiéncias do científico metamorfoseado por erro en mosca asasina.

Entre o 2 e o 13 de xullo ofrecerán-se en París cinco representaciónes desta ópera, cuxo ensaio xeral terá lugar este mesmo luns á noite, poucas horas despois de que o compositor, o cineasta e o tenor á apresenten á prensa.