Sackhoff, de cazapantasmas

785

Abigail Spencer (Mad Men), Katee Sackhoff (Battlestar Galactica) e Cicely Tyson (The Help) veñen de unir os seus nomes aos integrantes do reparto de The Haunting in Georgia, o novo filme da saga de baixo orzamento “Haunting in…” producido pola Gold Circle Films e da Lionsgate.

O antigo protagonista de One Tree Hill Chad Michael Murray interpretará a Andy Wyrick, o sensato e eficiente empregado e marido dunha xoven nai (Spencer) que debe loitar cntra horríbeis visións, unha maldición que comparte coa súa caprichosa irmá Joyce (Sackhoff).

A nai agora teme que as visións lle sexan transmitidas á súa filla pequena Heidi (interpretada pola debutante Emily Alyn Lind). David Coggeshall escribiu o guión, mentres que Paul Brooks e Scott Niemeyer serán os produtores.

A rodaxe arrincará a finais deste mes en Baton Rouge, Louisiana, baixo a dirección de Tom Elkins.