Oren Peli nunha de Poe

0
220

Oren Peli (Paranormal Activity) será o director de Eliza Graves, a nova película da Sobini Films e a Icon Productions.

Mais ou menos baseada nun relato orixinal de Edgar Allen Poe, a história céntra-se nun recén graduado da Faculdade de Medicina de Harvard que acepta un traballo nun asilo para dementes sen saber que os seus ocupantes apoderáron-se del.

Joe Gangemi escribiu o guión para esta longametraxe, que leva moito tempo a xestar-se e xa tivo algúns nomes importantes vencellados ao longo da pasada década, coma Jodie Foster, Ian McKellan e Natalie Portman.

Mark Amin, David Higgins, Cami Winikoff, Bruce Davey e Mel Gibson serán os produtores.