As sombras de Straub

0
189

O escritor supervendas Peter Straub poderá por fin levar a súa novela de terror e fantasía escrita en 1980 Shadowland á pantalla grande.

Straub formará equipa con Benjamin Straub e Larry Leahy para adaptar os libros do autor, escomezando con esta longametraxe en 3D de 20 millóns de dólares de orzamento, e que se rodará en Irlanda e Inglaterra ao longo do ano que ven.

A história no libro vai sobre dous nenos, Tom e Del, que pasan un verán co tío de Del, quen é un dos meigos mais famosos do mundo. Mentres pasa o tempo, Tom axiña comeza a se decatar de que o tío non é simplemente un inofensivo ilusionista, senón un auténtico bruxo.

Donald C. Archbold, Paul Myler e o mesmo Leahy producirán este proxecto, para o que seica están xa en conversas con Bill Nighy e Jackson Rathbone para os papeis protagonistas.