O novo de Coppola

0
172

Alden Ehrenreich (Tetro), David Paymer, Ben Chaplin, Don Novello e Joanna Whaley veñen de se unir ao reparto do vindeiro proxecto do director Francis Ford Coppola, o thriller de terror Twixt Now And Sunrise.

Segundo din, o filme contará con escenografía digna de Poe e un contorno de romance gótico, pero á parte diso, non se coñecen mais detalles do argumento. O que si que xa se sabe é que Elle Fanning interpretará a unha xoven pantasma chamda simplemente V. Val Kilmer e Bruce Dern tamén estarán como protagonistas.

A Coppola se lle ocurriu a ideia para este filme despois dun pesadelo que tivo o ano pasado. A rodaxe, que durará cinco semanas, está xa a se tratar de encaixar nas axendas de Coppola e dos protagonistas, e se levará a cabo na mansión que o director posúe en Napa Valley en Califórnia.