Pink co Vingador Tóxico

0
162

Steve Pink (Hot Tub Time Machine, Accepted) será o director do remake do clásico filme de culto O Vingador Tóxico, rodado nos estudos da Troma en 1984 e que agora contará coa produción da Original Media.

O filme orixinal ía sobre un inocente encargado da limpeza nun instituto, que é empurrado polos gamberros da clase de ximnásia ao interior dun bidón con refugallos tóxicos. Transformado nun musculoso pero deforme mutante, o conserxe escomezará a se vingar de todos aqueles que están a contaminar New Jersey, o que lle atraerá a atención das rapazas mais guapas no decurso da súa misión.

Pink e Daniel C. Mitchell escribirán o guión mentres que Akiva Goldsman, Richard Saperstein e Charlie Corwin serán os produtores.