Nova data para as sombras

0
171

A adaptación ao cinema por Tim Burton de Dark Shadows na Warner Bros. Pictures ven de obter a luz verde da produtora e a rodaxe poderá escomezar en abril do ano que ven.

Baseada na série de culto da televisión dos anos 60 (nunca emitida en Galiza), este folletón de pantasmas e terror gótico conta con vampiros, pantasmas e zombis. Johnny Depp, o actor fetiche de Burton, está xa vencellado ao proxecto para o papel de Barnabas Collins, o patriarca dos vampiros na série.

Orixinalmente estaba previsto que o filme poidera escomezar a se filmar en xaneiro, pero as datas tiveron que axustar-se após de que a Depp lle xurdiran novos proxectos para eses días. Isto sinifica polo tanto que Depp podería non chegar a tempo para protagonizar o filme de crimes de Kathryn Bigelow Triple Frontier.

Seth Grahame-Smith está xa a escribir o guión, mentres que Burton e Timur Bekmambetov serán os produtores.