Martin Sheen en Spiderman

0
193

O actor de orixe galega Martin Sheen, que estes días estivo a facer propaganda relixiosa por toda España, está a manter conversas xunto á estrela dos anos 70 Sally Field para interpretaren ao tío Ben e mais á tía May respectivamente na nova longametraxe de Spiderman na Sony Pictures.

Os persoaxes no cómic son as figuras paternas de Peter Parker (Andrew Garfield) e a morte de tío Ben é a causante de que o xoven estudante se converta en Spiderman definitivamente.

A parella podería asemade unir-se a Emma Stone e Rhys Ifans, quen xa confirmaron con anterioridade que estarán co elenco de actores do filme interpretando a Gwen Stacey e mais ao Lagarto respectivamente. A rodaxe desta película, que intentará relanzar a Spiderman unha vez mais no cinema, escomezará o mes que ven. Agárda-se que nuns poucos días haxa unha confirmación definitiva do resto do reparto.