Sommers en Odd Thomas

0
168

Stephen Sommers (A Múmia, G.I. Joe) será o director da adaptación ao cinema da novela de 2003 do escritor de terror supervendas Dean R. Koontz Odd Thomas para a Fusion Films, que xa conta cun orzamento de 47 millóns de dólares.

A história vai sobre Odd Thomas, un optimista cociñeiro de vintetantos anos que é capaz de ver tanto á xente morta coma a unhas figuras pantasmais chamadas “bodachs” que semellan estar sempre rondando os escenários onde acontecen desastres. Cando os bodachs comecen a revolotear ao redor dun cliente do seu restaurante ao que el alcuma O Home Fungo, Odd convénce-se de que vai-lle acontecer unha terríbel catástrofe.

Stephen Sommers dirixe este filme a partir dun guión adaptado por el mesmo. Howard Kaplan e John Baldecchi serán os produtores, pero ainda non hai datas fixadas para o comezo da rodaxe.