Os xogos famentos

694

Gary Ross asinou o contrato polo que se compromete a dirixir unha adaptación ao cinema dunha potencial nova franquía baseada na série de novelas The Hunger Games para a Lionsgate reports Variety.

O proxecto está baseado na saga escrita por Suzanne Collins, que acadou un grande éxito entre o público de todas as idades e que seica podería converter-se no vindeiro Twilight. A história que dá pé ao primeiro filme vai sobre un triángulo de xóvenes amantes nun escenário distópico onde América do Norde está dividida en doce distritos asoballados, cada un dos cales está obrigado a enviar tributos en forma dun neno e unha nena que deberán competir nunha batalla a morte que é televisada unha vez ao ano.

Collins adaptou o seu própio libro e Billy Ray (Shattered Glass) re-escribiu o guión. Nina Jacobson será a produtora deste proxecto, que xa conta cun nada desprezábel orzamento de 60 millóns de dólares. Ross acadou o posto de director fronte a competidores coma Sam Mendes e David Slade.