Ainda que houbo un tempo no que semellaba que sería imposíbel oir falar de remakes de filmes xaponeses decalidade indubidábel, ese tempo seica xa pasou desafortunadamente.
Así, todo semella indicar que nada menos ca Zac Efron está a tentar facer-se co papel de Shotaro Kaneda e Morgan Freeman co do Coronel na vindeira adaptación ao cinema do clásico manga xaponés Akira.
Esta nova adaptación do cómic de culto de Katsuhiro Otomo será dirixida polos irmáns Hughes (autores do filme de indisimulada propaganda relixiosa The Book of Eli). O persoaxe de Freeman será o protagonista “malo” do filme, o xefe do proxecto de investigación psíquica do governo que ten secuestrados a rapaces coma Shotaro.
Outro filme que semella ir directo cara ao remake é Oldboy, que podería contar nos vindeiros días cun guión de Mark Protosevich (I Am Legend) grazas á produción dos estudos Mandate Pictures.
Ainda que o proxecto estaba morto dende había meses, a Mandate está desexando contar canto antes co novo guión e xa planea ofrecer-lle a cadeira de director a realizadores coma Steven Spielberg, Matthew Vaughn ou Danny Boyle.