Walking Dead, renovada

0
189

A canle de televisión AMC ven de anunciar oficialmente que haberá unha segunda tempada, composta por outros trece episódios, da súa nova série postapocalíptica recentemente estreada sobre zombis The Walking Dead.

A série debutou en Halloween coa produción de Frank Darabont e axiña crebou récords de espectadores chegando a cotas nunca antes vistas na história da televisión por cable, especialmente os que mais interesan ás canles, os adultos de entre 18 e 49 anos.

Así, o primeiro episódio acadou 5,3 millóns de espectadores, mentres que o segundo chegou aos 4,7 millóns, contando asemade cunhas magníficas críticas por parte da prensa especializada.