Franco e Bardem, novos Titáns

0
172

Os coprotagonistas da recente Eat Pray Love, James Franco e Javier Bardem, poderían estar a piques de se faceren con senllos papeis na película Wrath of the Titans, a que será a vindeira secuela do remake de éxito deste ano Clash of the Titans na Warner Bros. Pictures.

Franco podería facer-se co papel de Axenor, o rei de Tiro, fillo de Poseidón e Líbia e pai de Europa. Pola súa banda, Bardem interpretaría ao deus da guerra, Ares. Polo de agora, ningún dos dous actores está confirmado para o posto.

Jonathan Liebesman (Battle: Los Angeles) dirixirá esta secuela a partir dun guión de Dan Mazeau (The Flash) e David Johnson (Red Riding Hood). A rodaxe escomezará no mes de xaneiro.