Emmerich, fóra da Zona

0
191

O filme de baixo orzamento dirixido por Roland Emmerich sobre invasión alieníxena The Zone ven de ser cancelado tan só unha semana antes de que escomezase a súa rodaxe.

A película, que contaría cun orzamento de tan só 5 millóns de dólares, ía ser producida pola Sony Pictures, que se fixo cos seus dereitos contando cunha estrea para o mes de abril. Peter Mackenzie e Brandon Scott estaban entre os actores que xa estaban a participar nos ensáios prévios ao comezo da rodaxe, da que se dicía que contiña moito de improvisación.

Un representante do director dixo que “Este non é un proxecto que Emmerich estea a perseguir arestora“, mentres que outros membros da produción comentaron que estaban moi decepcionados e que non sabían por que se cancelara esta longametraxe. Especúla-se con que a Sony teme unha debacle porque nos vindeiros meses haberá unha saturación de filmes de invasións extraterrestres e este proxecto non era nin de lonxe o millor colocado para se facer co favor do público.

Ademais dos recentes Paranormal Activity 2, Monsters e Skyline (estrea-se esta mesma semana), no vindeiro mes de marzo haberá invasión álien en Battle: Los Angeles, que conta cun grande orzamento, e mais o filme de ciéncia-ficción Apollo 18, todo o cal será seguido no verán por The Darkest Hour, a resposta rusa con invasión nas rúas de Moscova.