Adéus a Dino De Laurentiis

752

O pintoresco, excéntrico e ostentoso empresário e produtor de cinema italiano Dino De Laurentiis ven de morrer na súa casa en Beverly Hills aos 91 anos de idade.

Após de producir as súas primeiras longametraxes nos anos 40 e formar equipa co produtor Carlo Ponti en moitos prestixiosos filmes italianos dos anos 50, De Laurentiis puxo o ollo no que seríaa súa marca persoal: as coproducións internacion ais ambiciosas, épicas e moi caras, preocupadas sobre todo de dar espectáculo e non de contar co aplauso da crítica.

Ainda que os dous macroestudos que construiu, un en Itália e outro nos Estados Unidos, tiveron que pechar as súas portas por mor da crise, De Laurentiis deixa após de dsi un legado de mais de 160 películas, moitas das cales contan cun espazo reservado entre as grandes da história do cinema.

Entre os seus créditos iniciais estiveron La Strada e Noites de Cabíria de Federico Fellini, Barbarella de Roger Vadim, Ulysses de Mario Camerini e Guerra e Paz de King Vidor.

Cando se mudou a vivir aos Estados Unidos, creou algúns dos filmes mais famosos e senlleiros dos anos 70 e 80, incluindo Serpico de Sidney Lumet, Death Wish de Michael Winner, Three Days of the Condor de Sydney Pollack, Mandingo de Richard Flesicher, The Dead Zone de David Cronenberg, Ragtime de Milos Forman, o remake de King Kong de John Guillerman, o filme camp de 1980 Flash Gordon de Mike Hodges, os dous filmes de Conan protagonizados por Arnold Schwarzenegger, Manhunter de Michael Mann e o Dune de David Lynch, a quen tamén lle produciu na súa obra mestra Blue Velvet.

Dende os 80 en adiante, ainda tivo tempo de descubrir o xénio de Sam Raimi na série de culto Army of Darkness ou a Jonathan Mostow en Breakdown. Entre os seus éxitos no xénero fantástico destes anos cómpre salientar Hannibal, Red Dragon, Maximum Overdrive e Cat’s Eye, os dous últimos dirixidos por Stephen King.

Por sempre De Laurentiis deixará un enorme legado de filmes que relembraremos nas vindeiras décadas e que deixaron un grande impacto no seu día no cinema, que ven de perder a un dos seus derradeiros grandes monstros.