Xuntanza steampunk en Santiago

0
190

Após do éxito da convocatória do multitudinario desfile de Star Wars convocado en Santiago o pasado mes de maio, os mesmos organizadores do Imperial Stormtroopers queren celebrar para o ano vindeiro algo semellante, pero cunha temática ben distinta, no que xa alcumaron coma L’Extraordinaire Uchronie 2011.

Dende a rede infantil Facebook e co alcume de Sentinel Wardrobe explican que se tratará dunha convención steampunk, neovitoriana ou retrofuturista.

O Steampunk é un sub-xénero da ficción científica, froito dun século XIX imaxinário e anacrónico. Os seus mundos están ambientados nunha época onde aínda empréga-se amplamente a enerxía do vapor — usualmente no século XIX e decote na Inglaterra vitorián, pero con elementos que proveñen da ciéncia-ficción ou da fantasía, inventos tecnolóxicos fictícios coma os das obras de H. G. Wells ou desenvolvementos tecnolóxicos reais coma os computadores. O subxénero é asociado decote co cyberpunk, co que comparte unhas bases semellantes de fans e temática de rebelión, pero coma movemento separado.

Outros exemplos de steampunk conteñen presentacións de histórias cunha fasquía tipo “o que acontecería se” certa tecnoloxía fose desenvolta naquela época até as súas derradeiras consecuéncuas, coma os dirixíbeis, os computadores analóxicos ou os de mecánica dixital (coma a máquina analítica de Charles Babbage).

A data escollida para este singular acontecemento é o 7 de maio. Os organizadores animan a todo o mundo na devandita rede infantil a elaborar os seus própios persoaxes, dando consellos de como caracterizar-se e con titoriais para confeccionar os traxes.