A Ciéncia-Ficción mais "revolusionária"

0
228

Coincidindo coa nova edición do Culturgal na cidade de Pontevedra, que terá lugar entre o 26 e o 28 de novembro, o vindeiro xoves 25 do mesmo mes terá lugar a presentación do novo libro Crónicas do mañá. 50 anos de contos cubanos de ciencia ficción preparado polo autor cubano do xénero José Miguel Sánchez ,”Yoss” e editado por Urco Editora. Con esta obra inaugúra-se a nova tempada 2010-2011 da devandita editorial.

Yoss, alcume de José Miguel Sánchez Gómez (Cidade da Havana, 1969) é autor de Timshel (1989), W (1997), I sette peccati nazionali (1999), Los pecios y los naúfragos (2000), Se alquila un planeta (2001), El encanto de fin de siglo (2001), Al final de la senda (2003), Precio justo (2006) y Pluma de león (2007). A súa obra aparece en numerosas antoloxías e é ademáis compilador de Reino eterno: cuentos cubanos de fantasía y ciencia ficción (1999), Escritos con guitarra: cuentos cubanos sobre el rock (en colaboración con Raúl Aguiar, 2006) e Crónicas del Mañana: cincuenta años de ciencia ficción cubana (2008), cuxa tradución ao galego presénta-se agora.

O acto terá lugar na Libraría Paz (rúa Peregrina 29, 36001, Pontevedra). Comezará ás seis do serán e contará coa participación de Juan Soto, presidente da Asociación Amigos de Cuba de Pontevedra e membros de Urco Editora.