Oldman e Carrey no Conto de Nadal

1081

Gary OldmanO actor inglés Gary Oldman confirmou á prensa que interpretará alomenos tres persoaxes na vindeira película de Robert Zemeckis que misturará debuxos animados con acción real, Un conto de nadal, incluindo a Tiny Tim entre eses persoaxes.

Eu farei de Marley“, dixo Oldman perante un numeroso grupo de reporteiros o pasado día 29 de xuño en Beverly Hills, Califórnia, onde estaba a promocionar a última de Batman, The Dark Knight. “Eu fago de Tiny Tim e de Bob Cratchit, así que interpreto a tres persoaxes“.

No filme de animación, que Zemeckis está a dirixir coa mesma tecnoloxía que xa utilizou o ano pasado en Beowulf, Oldman será o protagonista xunto a Jim Carrey (que fará do señor Scrooge) nesta nova versión no clásico relato de pantasmas de Charles Dickens.

Oldman rebatiu os informes que apuntan a que actuar nun filme con este tipo de técnica é coma actuar no teatro. “A xente que nunca fixo teatro di que é así“, e engadiu: “Non ten nada que ver co teatro“. Nesta técnica, o actor ten que interpretar nunha habitación baleira rodeado de 200 cámaras, non leva un traxe e ten centos de puntos de captura de imaxes na face. De aí o director despois terá que obter as imaxes para o seu filme.

Antes desta nova volta de rosca ao Conto de Nadal, poderemos ver a Oldman interpretando ao detective James Gordon en The Dark Knight, que se estrea o vindeiro 18 de xullo.